Día das Escritoras
O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica[1].
A primeira celebración aconteceu o 17 de outubro de 2016 e consistiu na lectura pública en diversas bibliotecas de poemas, pasaxes de novelas e outros textos dunha trintena de escritoras en linguas como a galega, a catalá, a castelá ou a éuscara. As lecturas correron a cargo de personalidades diversas do mundo cultural de toda España.
En 2021 a Xunta de Galicia homenaxeou a Xohana Torres e a Anisia Miranda.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Por fin las escritoras tienen un día propio, artigo en El Mundo o 17 de outubro de 2016 (en castelán).
- ↑ "A Xunta de Galicia celebra o día das escritoras homenaxeando as figuras de Xohana Torres e Anisia Miranda". www.lingua.gal. Consultado o 2021-10-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Día das Escritoras na BNE (en castelán).